Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 11 de decembro de 2017 Páx. 55893

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 29 de novembro de 2017 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 21 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 68, do 6 de abril).

BDNS (Identif.): 340829.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 21 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 68, do 6 de abril), na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017: 09.40. 322C 470.4, no código de proxecto 2016 00 316, na contía de 466.959,55 €.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria