Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56009

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 123/2017, do 28 de novembro, polo que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Económico e Social de Galicia.

En virtude do establecido nos artigos 8, parágrafo terceiro, e 9.1 da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e nos artigos 8 e 10 do Regulamento de réxime interno deste, e de acordo coa proposta efectuada pola Universidade de Vigo o nove de novembro de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear membro suplente do Consello Económico e Social de Galicia a Xosé Manuel González Martínez, en representación da Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, vinte e oito de novembro de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente