Notifícase aos interesados, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución dos expedientes sancionadores que a seguir se relacionan (anexo), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.
Contra a resolución dos expedientes de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio (BOE do 3 de xuño), do Regulamento xeral sobre procedemento para a imposición de sancións por infraccións na orde social. O recurso interporase ante o órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo.
Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos.
Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Emprego e Economía Social desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, 79, 7º, Ourense.
Ourense, 27 de novembro de 2017
Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expte. |
Nº acta |
Nome/Razón social |
NIF/CIF |
Último domicilio coñecido |
Data da resolución |
Importe da sanción |
65/2017 |
I322017000018038 |
Vitivinícola del Avia, S.L. |
B32277121 |
Estrada Gomariz 32420 Leiro (Ourense) |
18.9.2017 |
626,00 € |
73/2017 |
I322017000021169 |
Ángela Paula da Graça Castro Oliveira |
Y5077718E |
Avenida Habana, nº 23, baixo, 32003 Ourense |
6.10.2017 |
626,00 € |