Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 12 de decembro de 2017 Páx. 56190

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 28 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia da resolución do expediente sancionador MON-OU-0038/2017-CAF.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (aplicable segundo o disposto na disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio para seren notificadas por comparecencia.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

As persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Ordenación Forestal-Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Transcorrido este prazo sen presentar o dito recurso, esta resolución adquirirá firmeza na vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 138.3 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación Forestal

ANEXO

Expediente: MON-OU-0038/2017-CAF.

Interesados: herdeiros de Cesáreo Rodríguez Pereira.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.