Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56248

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2017 pola que se publica a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia, en aplicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de xuño de 2017 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia.

A vixente relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia foi aprobada mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de xuño de 2017 (DOG núm. 116, do 20 de xuño). Nela figura o posto de nivel 18, código FC.A20.00.002.15770.045, Unidade de Apoio Administrativo, coa observación «Cando sexa vacante, específico xeneralizado correspondente ao nivel do posto».

A observación sinalada foi engadida con anterioridade, mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de xuño de 2016 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia (DOG núm. 110, do 10 de xuño) (expediente FC-M-08-2015).

Ao atoparse vacante o dito posto, procede aplicar a previsión aprobada polo Consello da Xunta de Galicia, que comporta a actualización do complemento específico do posto afectado e a supresión da súa observación, nos termos sinalados no anexo desta resolución.

Así, vista a observación contida no acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de xuño de 2017, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da axencia pública autonómica Axencia Tributaria de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución a modificación da relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia, para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file