Advertido un erro no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 14 de novembro de 2017, publicada no DOG núm. 220, do 20 de novembro, cómpre facer a seguinte corrección:
– No prego de prescricións técnicas:
Na páxina 5, no número 4, relativo á descrición do servizo que se prestará, onde di:
«A empresa adxudicataria ofrecerá o soporte ante incidencias da plataforma Jasper Reports Server corporativa da Xunta de Galicia no contorno de produción da Amtega (sen límite de incidencias) cun mínimo de 4 cores para o dito contorno de produción, debendo prever a posibilidade de despregar a mesma solución en contornos non produtivos ilimitados».
Debe dicir:
«A empresa adxudicataria ofrecerá o soporte ante incidencias da plataforma Jasper Reports Server corporativa da Xunta de Galicia no contorno de produción da Amtega (sen límite de incidencias) cun mínimo de 4 cores para o dito contorno de produción, debendo prever a posibilidade de despregar a mesma solución en dous contornos non produtivos (desenvolvemento e preprodución) con cores ilimitados».
Esta corrección reabre o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 9 da dita resolución. O novo prazo de admisión de proposicións rematará o día que resulte de contar quince (15) días naturais a partir deste anuncio de corrección de erros no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo é festivo ou inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
No caso de que algún licitador xa presentase proposición, poderá solicitar a devolución da súa oferta no prazo de 15 días naturais desde a publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2017
Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia


