Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 13 de decembro de 2017 Páx. 56271

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de química orgánica a Jaime Rodríguez González.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 7 de agosto de 2017 (BOE do 31 de agosto), para a provisión da praza número 17/002 de catedrático de universidade da área de coñecemento de química orgánica, departamento de Química desta universidade, a favor de Jaime Rodríguez González, con DNI 34948589C, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Jaime Rodríguez González, catedrático de universidade da área de coñecemento de química orgánica, departamento de Química desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contado desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de novembro de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña