Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56577

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 403/2017, interposto por Josefa María Sampedro Pena.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela polo que solicita o expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.A. 403/2017, interposto por Josefa María Sampedro Pena contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 11 de marzo de 2017, que desestima o recurso de alzada formulado por Josefa María Sampedro Pena contra a Resolución do 25 de abril de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2016 pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as personas interesadas no procedimento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública