Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0088/2017-LSA e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, nº 43; Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 30 de novembro de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0088/2017-LSA.

Denunciado: Joaquín Bastón Graña.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0046/2017-IO.

Denunciado: Adelino Diz Vázquez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-PO-0066/2017-CAF.

Denunciados: Demetrio Chayán Montáns e Marina Escudero González.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0067/2017-CAF.

Denunciada: Marina Escudero González.

Acto de notificación: proposta de resolución.