Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56553

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de emprazamento (3207/2017 IP).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3207/2017 desta sección, seguido por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Andrea Poledna, Agnieszka Girejko, Lilian Rocío Pico Martínez, Janete López Pimentel, Exclusivas Torrado Montero, S.L. e Cleice Marinho de Souza, sobre outros dereitos laborais, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da letrada da Administración de xustiza.

María Isabel Freire Corzo

A Coruña, 20 de novembro de 2017.

O anterior escrito subscrito polo letrado da Administración da Seguridade Social en nome e representación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para compareceren mediante escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, presentando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, e acreditando a representación da parte se non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Expídase edicto ao DOG para a notificación da presente a Girejko Agnieszka, Cleice Marinho de Souza, Andrea Pledna, Lilian Rocío Pico Martínez e Janete López Pimentel.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Vigo que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso ningún.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Girejko Agnieszka, Cleice Marinho de Souza, Andrea Pledna, Lilian Rocío Pico Martínez e Janete López Pimentel, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza