Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56564

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (896/2014).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 896/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Modesto López Fariña contra Pesca Gales, S.L., o Instituto Social da Mariña e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Estimo a demanda formulada fronte ao ISM, a TXSS e Pesca Gales, S.L. e, en consecuencia, declaro o dereito da parte demandante á percepción da pensión de xubilación sobre unha base reguladora de 1.305,65 euros, condeno as demandadas a avirse á devandita declaración e a que lle aboen a totalidade da pensión, con efectos do 7 de marzo de 2014, condeno o INSS a anticipar as devanditas prestacións co límite do artigo 126.3 LXSS e condeno a entidade Pesca Gales, S.L. a responder proporcionalmente ao incumprimento en materia de cotización e a que deposite a TXSS o capital-custo da diferenza da pensión, todo iso coa responsabilidade subsidiaria da TXSS e sen prexuízo de accións de repetición.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pesca Gales, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza