Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Xoves, 14 de decembro de 2017 Páx. 56572

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (631/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 631/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Tejo Pita contra Masalo 10, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Acordo:

– Citar as partes para que comparezan o día 19.4.2018, ás 11.10 horas, na Secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrado da Administración de xustiza e, unha vez intentada, en caso de non se alcanzar a avinza, o día 19.4.2018, ás 11.15 horas, na planta baixa, Sala de Vistas, Edificio dos Xulgados, para a celebración do acto de xuízo ante a maxistrada.

– Recibida carta certificada con aviso de recepción, sen formalizar por figurar descoñecida, que contiña a cédula de notificación do decreto de espera á demandada Masalo 10, S.L., procédase á consulta domiciliaria telematicamente a través do punto neutro xudicial e co seu resultado acordarase.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda. Advírtese, igualmente, á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración e estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso dar conta ao xuíz.

Ademais, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Masalo 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza