A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra a dilixencia de ordenación do 26 de xuño de 2017 pola que se ordena a remisión do expediente e o emprazamento das persoas que puideren resultar afectadas pola resolución do recurso contencioso-administrativo P.A. 183/2017, interposto por Luis Francisco Núñez Desiré contra a Resolución do conselleiro de Facenda, do 12 de abril de 2017, pola que se inadmite o recurso extraordinario de revisión contra a Resolución do 2 de decembro de 2005, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de veterinarios, convocado pola Orde do 29 de decembro de 2004, pola que se se publicou a puntuación definitiva da fase de concurso.
En consecuencia e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, notifícase para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública