Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56709

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2017 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., executada durante o exercicio 2016.

1. Resolución do 31 de decembro de 2015, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria (Tragsa, S.A.) a encomenda actuacións de servizo de apoio, ao uso público na praia das Catedrais na Semana Santa 2016.

– Actividade: servizo de apoio ao uso público na praia das Catedrais na Semana Santa 2016.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza interxubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: o período de execución dos traballos foi de 11 días, do 17 ao 27 de marzo, ambos incluídos, durante o período da Semana Santa 2016.

– Financiamento: tramitouse con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, aplicación orzamentaria 07.04.541B.640.2.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio