Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Venres, 15 de decembro de 2017 Páx. 56855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo do inicio do procedemento de reintegro da axuda concedida ao abeiro da Orde do 17 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para as iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ao interesado citado no anexo sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo ditado no correspondente expediente.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A interesada dispón dun prazo de quince (15) días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para realizar as alegacións e presentar a documentación que considere oportuna ante o órgano competente, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña, rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º, da Coruña, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, advertindo que, de non facelo, se terá por notificada cos efectos que correspondan.

A Coruña, 30 de novembro de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Expediente: TR341D-2011/000126-1.

Acordo de inicio do procedemento de reintegro.

Solicitante: Creative Media Farm, S.L.

NIF/NIE: B70271069.

Concello: A Coruña.

Materia: subvención á xeración de emprego estable do programa para as iniciativas emprendedoras e de emprego.

Data de resolución: 6 de novembro de 2017.