Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da fabricación e instalación do rótulo Hospital Público e símbolos da Xunta de Galicia e do Servizo Galego de Saúde para o Hospital Universitario A Coruña, Hospital Teresa Herrera da Coruña, Hospital Abente y Lago e Hospital Virxe da Xunqueira de Cee (expediente AB-SER3-17-002).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-17-002.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo mixto.

b) Descrición: fabricación e instalación de rótulo Hospital Público e símbolos da Xunta de Galicia e Servizo Galego de Saúde para o Hospital Universitario A Coruña, Hospital Teresa Herrera da Coruña, Hospital Abente e Lago e Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 34928470-3, 34928471-0, 31523000-8.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 164, do 30.8.2017, na web do Sergas e Plataforma de contratos de Galicia, o 30.8.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 136.400,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 124.000,00 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 150.040,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 22 de novembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 28 de novembro de 2017.

c) Contratista: Carpintería Metálica Aluman, S.L.

d) Importe ou canon máximo de adxudicación. Importe neto: 124.000,00 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 150.040,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos