Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57371

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación do procedemento aberto para a contratación, cun só criterio de adxudicación, da execución da obra de construción de campo de fútbol de céspede artificial Monte Lomba, número 06/15/2017, no concello de Cortegada, actuación cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

Procedemento aberto para a contratación, cun só criterio de adxudicación, da execución da obra Construción de campo de fútbol de céspede artificial Monte Lomba, número 06/15/2017, no Concello de Cortegada, actuación cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte.

No perfil do contratante publícanse íntegros o prego de condicións, o proxecto e a documentación complementaria para a contratación, mediante procedemento aberto, da execución da obra Construción de campo de fútbol de céspede artificial Monte Lomba, número 06/15/2017, no Concello de Cortegada, actuación cofinanciada pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte, cun tipo de licitación de 300.000,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia, a través da plataforma www.leal.gal, única e exclusivamente. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, no proxecto e na documentación complementaria á que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es, ou na plataforma www.leal.gal. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente 988 31 75 48 ante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se estime procedente, o prego de condicións, o proxecto técnico, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación, serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente, de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, se for o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 22 de novembro de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense