Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 56998

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3014/2017).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 3014/2017 CRS

Xulgado de orixe/autos: P. oficio autoridade laboral 40/2017 Xulgado do Social número 4 de Ourense

Recorrente: Fernando Miguel Diegues Fernandes-Marques

Avogado: Ignacio José Sevilla Gallo

Procurador: Camilo Enríquez Naharro

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Larisa Cardinali Ciobotaru, Andreia Stemate, Karen Celia Henríquez Otaiza, Ionela Mirabela Burlacu, Luz Mila Guzmán Ricardo, Gemima Campos Pereira, Monica Nicolau de Moura, Yanetsy Guerra Pérez

Avogado/a: letrado da Seguridade Social

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3014/2017 desta sección, seguido por instancia de Fernando Miguel Diegues Fernandes-Marques contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Larisa Cardinali Ciobotaru, Andreia Stemate, Karen Celia Henríquez Otaiza, Ionela Mirabela Burlacu, Luz Mila Guzmán Ricardo, Gemima Campos Pereira, Monica Nicolau de Moura, Yanetsy Guerra Pérez, sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos

Que con desestimación do recurso interposto por Fernando Miguel Diegues Fernandes, confirmamos a sentenza que con data 21.4.2017 se ditou en autos tramitados polo Xulgado do Social número 4 dos de Ourense, por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e pola que se acolleu a demanda formulada.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Larisa Cardinali Ciobotaru, Andreia Stemate, Karen Celia Henriquez Otaiza, Ionela Mirabela Burlacu, Luz Mila Guzmán Ricardo, Gemima Campos Pereira, Monica Nicolau de Moura, Yanetsy Guerra Pérez, en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en estrada nacional 525, O Terrón 32613 Oímbra, Ourense; estrada Castela 80, 32600 Verín, Ourense; avda. Peinador 120, 36415 Mos, Pontevedra; travesía Castela e León 8, 49500 Alcañices, Zamora; r/ Alpuente 6, 46520 Sagunto, Valencia; r/ Castillo de Gauzón 18-4º B, 33450 Castrillón, Asturias; r/ Suárez Ena 6, 24006 León e estrada nacional 525, O Terrón 32613 Oímbra, Ourense; expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza