Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57016

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (630/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 630/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Daniel Rouco Ferreiro contra a empresa Masalo 10, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva.

Acordo:

– Citar as partes para que comparezan o día 19.4.2018, ás 11.05 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez intentada, no caso de non se alcanzar a avinza, o día 19.4.2018, ás 11.10 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese a parte demandante, que en caso de non comparecer á sinalización sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, teráselle por desistida da súa demanda; advertindo igualmente a parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso a dar conta ao xuíz.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría da sinalización efectuada.

– Á vista da dilixencia efectuada polo SCNE desta cidade o 2.11.2016 que tiña por obxecto notificar á demandada e cumprimentada como negativa, accederá á rede de servizos do punto neutro xudicial co fin de obter consulta domiciliaria integral do Masalo 10, S.L.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén aquela, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Masalo 10, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza