Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Luns, 18 de decembro de 2017 Páx. 57360

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO de inicio de expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a adquisición dun predio destinado a espazos libres de dominio e uso público.

Con data do 14 de novembro de 2017, o concelleiro delegado da Área de Urbanismo, Obras e Medio Ambiente desta corporación ditou resolución pola que se acorda iniciar o expediente de expropiación forzosa por taxación conxunta para a adquisición do predio con referencia catastral 3237401NH5933N0001TX, sito en Cambre, destinado a espazos libres de dominio e uso público, e aprobar inicialmente o proxecto de expropiación por taxación conxunta para tal fin redactado polos técnicos Baltasar Mato Ruiz, Miguel Tomé López e José Antonio Taibo Carro.

En cumprimento do disposto na lexislación vixente, sométese a información pública o dito proxecto de expropiación durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os interesados poidan examinalo nas oficinas da Área de Urbanismo, das 10.00 ás 13.00 horas os días laborables, e formular as alegacións, observacións ou reclamacións que consideren convenientes, en particular no que se refire á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade cos artigos 118.2 e 3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia. Contra este acordo, en canto acto de mero trámite que non pon fin á vía administrativa, non cabe interpoñer ningún recurso, sen prexuízo do dereito a formular as alegacións ou observacións que se consideren pertinentes.

Cambre, 5 de decembro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución 1841/2016, do 18 de novembro)
Juan González Leirós
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo, Obras e Medio Ambiente