Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57557

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación para a contratación dos servizos de evolución da plataforma tecnolóxica de teleasistencia domiciliaria (Telea), enmarcada dentro do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade para a execución das actividades relacionadas co plan de innovación sanitaria Código 100 mediante financiamento comunitario co Fondo de Desenvolvemento Rexional (Feder), dentro do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020 (Pocint), financiado nun 80 % cos ditos fondos (expediente AB-SER1-18-005).

missing image file

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 36 18.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 10 de xaneiro de 2018.

d) Número de expediente: AB-SER1-18-005.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de evolución da plataforma tecnolóxica de teleasistencia domiciliaria (Telea).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72000000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Plan de evolución do sistema

0-30

Metodoloxía de traballo

0-10

Definición do plan de participación de recursos

0-10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Prezo hora ofertado en € (desagregando o IVE)

0-40

Parámetros de servizo de soporte e mantemento correctivo

0-10

4. Valor estimado do contrato: 530.838 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 469.920,00 euros. Importe total: 568.603,20 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 ou 5, categoría C/3 ou superior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 10 de xaneiro de 2018.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural a contar desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 1 de decembro de 2017.

12. Outras informacións:

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos