Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57512

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 219/2017).

ETX execución de títulos xudiciais 219/2017

Procedemento orixe: procedemento ordinario 258/2016

Sobre ordinario

Demandante: Óscar Alfredo López Dapena

Avogado: José Manuel Vales Raña

Demandados: Fogasa, Carlos Gómez García, María Peregrina López Dapena, Carma 1402, S.C.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 219/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Alfredo López Dapena, contra a empresa Carman 1.402, S.C., Mª Peregrina López Dapena, Carlos Gómez García, sobre reclamación de cantidade, foron ditados auto e decreto na data do 24 de novembro de 2017 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Óscar Alfredo López Dapena, contra Carlos Gómez García, María Peregrina López Dapena, e Carma 1402, S.C., parte executada, solidariamente, polo importe de 7.083,54 euros en concepto de principal, máis outros 1.106,49 euros en concepto de xuros de demora, máis 819 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, co cal a executada fica apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cal, ademais de alegar as posibles infraccións en que puido incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acontecido con posterioridade á constitución do título e sen que a compensación de débedas sexa admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0219 17. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberase ingresar na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberase indicar o número de conta 5076 0000 64 0219 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Carlos Gómez García, María Peregrina López Dapena, Carma 1402, S.C., pola cantidade reclamada de 7.083,54 euros de principal, máis 1.106,49 euros en concepto de xuros de demora, máis 819 euros que provisoriamente se orzan para xuros, gastos e custas, e, se non pagaren no prazo de dez días ingresándoo na conta deste xulgado aberta no Banco Santander co número 5076 0000 64 0219 17, procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade por que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Carlos Gómez García, María Peregrina López Dapena, Carma 1402, S.C., a fin de no prazo de dez días manifestaren relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se for o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificaren, poderá ser sancionados, cando menos, por desobediencia grave, en caso de non presentaren a relación dos seus bens, incluíren nela bens que non sexan seus, excluíren bens propios susceptibles de embargo ou non desvelaren as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselles impor tamén multas coercitivas periódicas.

Pór en coñecemento do Rexistro Público Concursal o auto do 24 de novembro de 2017 polo cal se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra quen se despachou execución (artigo 551.3 parte final).

Notifíquese ás partes e a Carma 1402, S.C., María Peregrina López Dapena e Carlos Gómez García, por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0219 17. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0219 17. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese os destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Carma 1402, S.C., Mª Peregrina López Dapena e Carlos Gómez García, expido este edicto.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza