Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57388

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 13 de decembro de 2017 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas no capítulo II da Orde do 5 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria e do Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (procedemento TR343A).

BDNS (identif.): 351429.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario

Amplíase o crédito do Programa de integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, regulado no capítulo II da Orde do 5 de xuño de 2017 (código de procedemento TR343A), na contía de 500.000 euros.

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2017

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria