Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos para deseño, organización de montaxe, desmontaxe e transporte dos postos desta consellería en distintos certames feirais que se realizarán no ano 2018, procedemento cofinanciado pola Unión Europea-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, FEMP, nun 75 %,(expediente 11/2017, 4 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizos para deseño, organización montaxe, desmontaxe e transporte dos postos da Consellería do Mar en distintos certames feirais a realizar no ano 2018, 4 lotes.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=185719

d) Diario oficial e data de publicación dos anuncios de licitación: DOUE do 25.7.2017, BOE do 29.7.2017 e DOG do 10.8.2017.

e) División por lotes e número: 4 lotes.

– Lote 1: Fish Internacional, Bremen (do 25 ao 27 de febreiro), Seafood Expo Global, Bruxelas (do 24 ao 26 de abril).

– Lote 2: Seafood Expo North America, Boston (do 11 ao 13 de marzo), Seafood Expo Asia, Wanchai-Hong Kong (setembro).

– Lote 3: Alimentaria, Barcelona (do 16 ao 19 de abril), Salón Gourmets, Madrid (do 7 ao 10 de maio), Sial, París (do 21 ao 25 de outubro).

– Lote 4: Xantar, Ourense (do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro), Navalia, Vigo (do 22 ao 24 de maio), Salimat, Silleda (xuño), Conxemar, Vigo (do 2 ao 4 de outubro), Expomar, Cabo Verde (no segundo semestre de 2018).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 1.885.000,00 €. IVE (21 %): 395.850,00 €. Importe total: 2.280.850,00 €.

Valor estimado: 1.885.000,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

Lote 1:

a) Data da resolución de adxudicación: 27.10.2017.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 431.000 € (sen IVE).

IVE (21 %): 90.510 €.

Importe total: 521.510 €.

d) Data de formalización do contrato: 28.11.2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a mellor, xa que acadou a maior puntuación global dos criterios de adxudicación do contrato.

Lote 2:

a) Data da resolución de adxudicación: 27.10.2017.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 394.000 € (sen IVE).

IVE (21 %): 82.740 €.

Importe total: 476.740 €.

d) Data de formalización do contrato: 28.11.2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a mellor oferta, xa que acadou a maior puntuación global dos criterios de adxudicación do contrato.

Lote 3:

a) Data da resolución de adxudicación: 27.10.2017.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 601.000 € (sen IVE).

IVE (21 %): 126.210 €.

Importe total: 727.210 €.

d) Data de formalización do contrato: 28.11.2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a mellor oferta, xa que acadou a maior puntuación global dos criterios de adxudicación do contrato.

Lote 4:

a) Data da resolución de adxudicación: 27.10.2017.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 173.573 € (sen IVE).

IVE (21 %): 36.450,33 €.

Importe total: 210.023,33 €.

d) Data de formalización do contrato: 28.11.2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a mellor oferta, xa que acadou a maior puntuación global dos criterios de adxudicación do contrato.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar