Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Martes, 19 de decembro de 2017 Páx. 57487

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2106/2017).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2106/2017 CRS

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 187/2015 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: José Luis Gómez Martínez

Avogado: Federico Novo Prego

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Hidrocantábrico Energía, S.A., Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L., Alstom Power, S.A., administración concursal Talleres y Aplicaciones del Eume (Fco. Javier Gosende Redondo).

Avogado/a: letrado da Seguridade Social, María Carmen Trabanco García, José Daniel Pedrero Torres.

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2106/2017 desta sección, seguido por instancia de José Luis Gómez Martínez contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Hidrocantábrico Energía, S.A., Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L., Alstom Power, S.A., administración concursal Talleres y Aplicaciones del Eume (Fco. Javier Gosende Redondo), sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por José Luis Gómez Martínez contra a sentenza ditada o 24.1.2017 polo Xulgado do Social número 2 da Coruña en autos nº 187-2015 sobre recarga de prestacións da Seguridade Social seguidos pola súa instancia contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Alston Power, S.A., Hidrocantábrico Energía, S.A., Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L.U., e administración concursal de Talleres y Aplicaciones del Eume resolución que se mantén na súa integridade.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza