Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 256/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Varela Vázquez contra Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., administración concursal Deus Creaciones y Confecciones Deus, S.L., administración concursal Confección Ideal, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución di:
Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento interpuxo Isabel Varela Vázquez contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., así como a administración concursal de Confecciones Deus, S.L. e Deus Creaciones, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 3 de abril de 2017 e, ademais, extinguida a relación laboral que vinculaba a Isabel Varela Vázquez coa entidade Deus Creaciones, S.L., no día de hoxe (29 de xuño de 2017), e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L. ao aboamento dunha indemnización a razón de 27.784,80 €, e salarios de tramitación devindicados entre o 4 de abril e o 29 de xuño de 2017, a razón de 38,59 € diarios, o que supón a cantidade de 3.357,33 € brutos.
Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Isabel Varela Vázquez contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles, S.L., e a administración concursal de Deus Creaciones, S.L. e Confecciones Deus, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as entidades Confecciones Deus, S.L., Confección Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Bendita Costura, S.L., Vainica Doble, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Pedracapela, S.L. e Nuevo Siglo Textiles S.L. a que aboen á demandante a cantidade de 6.105,38 € líquidos por salarios devindicados en febreiro, decembro e paga extra de 2016, e xaneiro, febreiro e 3 días de abril de 2017, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.
Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de resolución de contrato e cantidades interpuxo Isabel Varela Vázquez fronte ás entidades Gaviota Textil XXI, S.L., Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L. e Puntada Elaborada, S.L., as que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.
Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.
Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.
E para que sirva de notificación en legal forma á codemandada Área Inversora y Financiera del Atlántico XXI, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 24 de novembro de 2017
O letrado da Administración de xustiza


