Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario con número 895/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Virginia Soledad Martínez Gutiérrez contra Cervecería Domino, C.B. e María Sol Argerey Ríos, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:
Estimo integramente a demanda presentada por Virginia Soledad Martínez Gutiérrez, representada polo letrado Sr. Vázquez Díaz, contra Cervecería Domino, C.B. e María Sol Argerey Ríos, ningunha das cales compareceu malia constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia, condeno solidariamente ambas as demandadas a aboar á demandante a cantidade de 1.095,29 euros, que devindicará o xuro moratorio do 10 %.
A cantidade a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada será asumida polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma, dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que, se é o caso, lle afecten.
Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é susceptible de recurso de suplicación, ao non exceder os 3.000 euros a contía litixiosa calculada conforme o disposto no artigo 192 da Lei reguladora da xurisdición social [artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social].
Expídase testemuño desta resolución para a súa incorporación ás actuacións, con inserción do orixinal no libro de sentenzas.
Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgado na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E para que sirva de notificación en forma a Cervecería Domino, C.B. e María Sol Argerey Ríos, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 24 de novembro de 2017
O letrado da Administración de xustiza


