1. Entidad adxudicadora.
a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.
b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.
c) Número de expediente: 2017-024.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizo para o desenvolvemento e instalación dun sistema de xestión de citas para a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), mediante tramitación documentalmente simplificada.
c) CPV: 32420000-3.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: 10.8.2017.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: pluralidade de criterios.
4. Valor estimado do contrato: 75.000,00 euros.
5. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 75.000,00 euros. Importe total: 90.750,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:
Exercicio 2017: 75.625,00 €.
Exercicio 2018: 15.125,00 €.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 24.11.2017.
b) Data de formalización do contrato: 27.11.2017.
c) Contratista: Tecnologías Plexus, S.L.
d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 60.000,00 euros. Importe total: 72.600,00 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2017
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable