Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57622

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2017, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 4 de decembro de 2017, o tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as,

ACORDOU:

Primeiro. Proceder, de conformidade co previsto na base IV.2 da convocatoria, á publicación da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións acadadas e con indicación do seu documento nacional de identidade. A relación recóllese no anexo desta resolución.

A partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de aprobados, estes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para a presentación da documentación prevista na base IV.2 da convocatoria.

Segundo. Elevar a dita relación á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017

Fernando Jorge Mora
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio)

DNI

Apelidos e nome

Primeiro exercicio

Segundo exercicio

Terceiro exercicio

Cuarto exercicio

Quinto exercicio

Sexto exercicio

Puntuación total

33552836E

Benedito Cadórniga, José Luis

27,33

-

Exento

25,41

17,51

17,51

87,76

47389325X

De la Fuente López, Marta

24,5

-

Exenta

17,52

17,51

19,08

78,61