Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57676

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras para a conservación e posta en valor no conxunto monumental do mosteiro de Santa María a Real de Oseira, en San Cristovo de Cea, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, actuación 6.3.1.1 Intervencións no patrimonio cultural (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=191191

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 159, do 23 de agosto de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: obras para a conservación e posta en valor no conxunto monumental do mosteiro de Santa María a Real de Oseira: igrexa e espazos de uso público, en San Cristovo de Cea (Ourense), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 654.500,00 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 28 de novembro de 2017.

b) Data da formalización do contrato: 30 de novembro de 2017.

c) Contratista: Restauraciones y Construcciones Luis J. Sánchez, S.A. (Resconsa).

d) Importe de adxudicación: 556.194,10 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

missing image file