Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2017 que modifica a Resolución do 13 de novembro de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato, suxeito a regulación harmonizada, de servizos de limpeza en varios centros dependentes da Xefatura Territorial da Coruña desta consellería (Área de Cultura).

Logo de advertir erros na alínea h) Clasificación, da cláusula 13.1 Sobre A. Documentación xeral, no prego de cláusulas administrativas particulares que rexe nesta licitación,

DISPOÑO:

Realizar as modificacións oportunas no dito documento. O texto corrixido poderá consultarse no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=219208

O anuncio desta rectificación enviouse ao Diario Oficial de la Unión Europea o 14 de decembro de 2017 e anunciarase igualmente no Boletín Oficial del Estado.

O novo prazo de presentación das ofertas rematará ás 19.00 horas do 23 de xaneiro de 2018.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria