Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57666

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Avión (expediente IN407A 2017/26-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 149 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: LMT e CT Amiudal.

Situación: Avión.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 30 m, con condutor RHZ1 1×95 mm2 Al con orixe no PAS, na LMT ALB801 entre o CT Pascais (32AT94) e o CT Abelenda de Avión (32A239) e remate no CT rural proxectado manobra exterior Amiudal de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Curros Enríquez, 1, 3º andar, 32003 Ourense, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Cómpre significar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben cando, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as diligencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Ourense, 24 de novembro de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente nº 2017/26. Concello: Avión. Provincia: Ourense.

Instalación: LMT e CT Amiudal.

Nº predio

Pol.

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos: enderezo

Afección: (ocupación+serv.):

m2

m (subt.)

m2

1

88

786

Cotiño

Ermo

César Rodríguez Terrazo e outro

R/ Colón, nº 8-2º, 32600 Verín (Ourense)

CT

16

5

15