Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57712

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle para a ordenación de volumes do estadio de Riazor (expediente 631/2017/187).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 1 de decembro de 2017, acordou aprobar inicialmente o documento do estudo de detalle para a ordenación volumétrica do estadio de Riazor, promovido polo Concello da Coruña e redactado en novembro de 2017 por Monteoliva Arquitectura, S.L.P.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do Regulamento da lei, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A documentación do estudo de detalle pódese consultar no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana, Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible (praza Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, ou no enderezo electrónico: https: www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes.

A Coruña, 12 de decembro de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 15.6.2015)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración
Urbana e Dereito á Vivenda