Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Mércores, 20 de decembro de 2017 Páx. 57702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Emerxencias

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato que ten por obxecto a adquisición de vehículos todo camiño destinados ás unidades de intervención no ambiente (UMA) da Unidade de Policía adscrita á Xunta de Galicia para tarefas de prevención e investigación de accións contra o ambiente e apoio na protección civil, cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información.

a) Organismo: Axencia Galega de Emerxencias.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=168280

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante a través da páxina web:

http://www.axega112.org

d) Número de expediente: AXGE.17.SU.108.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de trinta (30) vehículos todo camiño destinados ás unidades de intervención no ambiente (UMA) da Unidade de Policía adscrita á Xunta de Galicia, para tarefas de prevención e investigación de accións contra o ambiente e apoio na protección civil, mobilizadas e coordinadas desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (CIAE 112 Galicia), cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder 2014-2020.

c) División por lotes e numero: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 34113000-2.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 840.000,00 €, IVE incluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 29 de setembro de 2017.

b) Data de formalización: 7 de novembro de 2017.

c) Adxudicataria: Ibericar Gestoso, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 692.807,11 €. Importe total: 838.296,60 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: economicamente máis vantaxosa.

A Estrada, 1 de decembro de 2017

Marcos Araújo Pereira
Xerente da Axencia Galega de Emerxencias