Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58075

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2017 pola que se nomea profesorado dos corpos docentes universitarios.

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocados mediante Resolución desta universidade do 4 de agosto de 2017 (BOE do 31 de agosto), e presentada polas persoas interesadas a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2017

Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Nº concurso

Nome

Apelidos

DNI/NIE

Corpo docente

Área coñecemento

Departamento

Localidade

Código praza

2354/17

María Jesús

Taboada Iglesias

52482388E

Catedrático/a de universidade

Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial

Electrónica e Computación

Santiago de Compostela

A00558

2358/17

Ana Eulalia

Goy Diz

32780589T

Catedrático/a de universidade

Historia da Arte

Historia da Arte

Lugo

A00562

2359/17

Eugenio Manuel

Otero Urtaza

35243566E

Catedrático/a de universidade

Teoría e Historia da Educación

Pedagoxía e Didáctica

Lugo

A00563

2360/17

María Rosa

Mosquera Losada

36063208J

Catedrático/a de universidade

Produción Vexetal

Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría

Lugo

A00564

2363/17

Sara

Fernández López

76716382C

Titular de universidade

Economía Financeira e Contabilidade

Economía Financeira e Contabilidade

Santiago de Compostela

C01774

2365/17

Rosa María

Crujeiras Casais

52931780V

Titular de universidade

Estatística e Investigación Operativa

Estatística, Análise Matemática e Optimización

Santiago de Compostela

C01776