Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58137

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de contratación, mediante procedemento aberto, das obras correspondentes ao Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) POS+ 2017.

1. Entidade adxudicadora. Concello de Ordes. Expte. nº 13/C/17. Obtención de documentación e información: rúa Alfonso Senra, 108, 15680 Ordes. Teléfono: 981 68 00 02. Telefax: 981 68 22 21. Correo electrónico: correo@ordes.gal. Perfil do contratante: www.ordes.gal.

2. Obxecto do contrato: pavimentación ou mellora da capa de rodaxe de vías municipais:

Código: 17.2100.0043.0: camiño en Barroso (Montaos) e outros. Prezo: 464.760,87 €/ano, IVE incluído. Prazo de execución: seis (6) meses. Garantía provisional: non se exixe. Garantía definitiva: 5 por cento do prezo de adxudicación, IVE excluído. CPV (referencia de nomenclatura): 45233222-1.

Código: 17.3110.0213.0: camiño de Buscás ao Mesón e outros. Prezo: 332.079,95 €/ano, IVE incluído. Prazo de execución: seis (6) meses. Garantía provisional: non se exixe. Garantía definitiva: 5 por cento do prezo de adxudicación, IVE excluído. CPV (referencia de nomenclatura): 45233222-1.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria, aberto.

Criterios de adxudicación. Fase I: Plan de control interno de calidade, programa de traballo, programa de actuación ambiental, plan de seguridade e saúde. Fase II: porcentaxe destinada a control de calidade, redución de prazos, prezo.

4. Presentación de ofertas. Data límite de presentación: dentro do prazo dos vinte e seis (26) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP. Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 12 (Proposicións. Documentación) do prego de cláusulas administrativas particulares. Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Ordes.

5. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: a que figura na cláusula 12.1.1.G do prego de cláusulas administrativas particulares.

Ordes, 12 de decembro de 2017

José Luis Martínez Sanjurjo
Alcalde presidente