Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Venres, 22 de decembro de 2017 Páx. 58119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de novembro de 2017 polo que se notifica a resolución dun recurso de reposición interposto contra unha resolución derivada do expediente sancionador DH.D36.08189.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Carmen Soto Domínguez a Resolución do 22 de setembro de 2017 pola que se resolve o recurso de reposición interposto contra a resolución que impuxo unha segunda multa coercitiva e se reiterou o apercibimento para o cumprimento da obriga de repor.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución cabe recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou naquela na que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigo 46.1 da citada Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2017

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia