Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 12 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de contratación do servizo de limpeza nas oficinas de emprego da provincia de Lugo (expediente 1/2017 XTL_Lote 1).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola xefa territorial en Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, baixo, do termo municipal de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 12 de decembro de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: 1/2017 XTL_Lote 1.

Interesada: Limpiezas Peña Monforte, S.L.

Acto notificado: resolución do contrato.