Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58281

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 10 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio do trámite de audiencia dun procedemento tramitado por esta xefatura (expediente 2017/132/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por ignorarse o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidera practicar, notifícaselles o inicio do trámite de audiencia ás persoas interesadas que se indican a continuación, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.1 do Código civil.

O expediente atópase á disposición das persoas interesadas ou dos seus representantes, debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, andar baixo, onde no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer para coñecer o contido íntegro do acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se terán por notificadas.

Lugo, 10 de novembro de 2017

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº do expediente: 2017/132/27.

Persoas interesadas: Saleh Hatim e Saadiya Hatim.

Documento identificativo: descoñecido.

Enderezo actual: Beni Mellal (Marrocos).

Acto administrativo que se notifica: acordo do inicio do trámite de audiencia do 10 de novembro de 2017.