Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 13 de novembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución dun expediente tramitado por esta entidade (expediente 2011/17-36).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado ás persoas citadas no anexo, a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente tramitado nesta xefatura territorial.

O correspondente expediente obra no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo, onde poderán comparecer as persoas interesadas para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborais e das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, advertíndolles que, de non facelo, se terán por notificadas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde a súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa logo de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Vigo, 13 de novembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

1. Nº de expediente: 2011/17-36.

Interesado: Aurel Mamet.

NIE: X8139493T.

Interesada: Claudia Mamet.

NIE: X8561515H.

2. Acto que se notifica: resolución administrativa do 2 de outubro de 2017.

3. Efectos xurídicos que produce a resolución: cesamento de medida administrativa.