Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58177

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17, punto b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e cantidade concedida.

Na súa virtude, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da conselleira,

RESOLVE:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 21 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017, que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Convocatoria: Orde do 21 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao fomento da utilización de instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017 (DOG núm.124, do 30 de xuño).

Financiamento: cofinanciada con fondos Feader nunha porcentaxe do 75 %, efectuarase con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.712B 772.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, dotada cun crédito de 600.000 euros, para o ano 2017, 2.000.000 euros, para o ano 2018 e 3.400.000 euros, para o ano 2019. En total 6.000.000 de euros.

Finalidade: estas axudas contribúen directamente ás áreas focais: 2A: mellorar os resultados económicos das explotacións agrarias e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular co obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara o mercado, así como a diversificación agrícola. 5D: reducir as emisións dos gases efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura. E, de forma indirecta, as áreas focais 2B, 4B, 5B, 5C e 6A.

Beneficiarios/as e subvención:

Expediente

NIF

Persoa beneficiaria

Total axuda (€)

412/201700005

F32003584

Coop. Agrícola Ganadera de Ourense, Scoopg

2.191.835,84

412/201700004

F32001976

Cooperativas Ourensanas, Scoopg (Coren)

2.500.000,00

412/201700002

F15000177

Coop. Agraria Provincial Coruña, Scoopg

833.929,56