Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Martes, 26 de decembro de 2017 Páx. 58320

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANUNCIO do 1 de decembro de 2017 polo que se convocan procesos selectivos para a contratación de persoal temporal.

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne convoca os procesos selectivos REF. PER.-2017/18-23, para a contratación, polo sistema de concurso e mediante contrato de duración determinada, de persoal científico-técnico con cargo a diversos proxectos de I+D+i.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web (www.ceteca.net) e no taboleiro de anuncios da Fundación, no Parque Tecnolóxico de Galicia, avenida de Galicia, nº 4, 32900, San Cibrao das Viñas (Ourense).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

San Cibrao das Viñas, 1 de decembro de 2017

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne