Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato da subministración sucesiva do material necesario para a realización de test de análise de sangue oculto en feces TSOF (expediente MS-CON1-17-005).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: MS-CON1-17-005.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva do material necesario para a realización de test de análise de sangue oculto en feces TSOF.

c) Lotes (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 33696000-5.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 69, do 7 de abril de 2017.

Boletín Oficial del Estado núm. 74, do 28 de marzo de 2017.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2017/S 054-100309, do 17 de marzo de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.632.262,50 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 748.245,00 euros. Importe total: 948.936,45 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15.9.2017.

b) Data de formalización do contrato: 11.10.2017.

c) Contratista: Palex Medical, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 712.950,00 euros. Importe total: 862.669,50 euros.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos