Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 17 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal en parte dunha parcela situada entre o paseo marítimo de Boiro e as rúas Espadañal e número 14, no concello de Boiro (expediente 2017AAE2087; código 1989/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 16 de novembro de 2017, sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal en parte dunha parcela situada entre o paseo marítimo de Boiro e as rúas Espadanal e nº 14, no concello de Boiro.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático