Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58428

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 1 de decembro de 2017 pola que se convocan a concurso público prazas de persoal docente e investigador contratado.

Advertido erro na citada resolución, publicada no DOG núm. 237, do 15 de decembro de 2017, procede, en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, corrixir o dito erro no «Anexo I.1 Relación de prazas», na páxina 56792:

Onde di:

«Nº de concurso: 7001/17-18. Dedic.: P3.

Nº de prazas: 1(HX1098).

Área de coñecemento: Xornalismo.

Departamento: Ciencias da Comunicación.

Perfil: difusión cultural (G5101423).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual».

Debe dicir:

«Nº de concurso: 7001/17-18. Dedic.: P3.

Nº de prazas: 1(HX1098).

Área de coñecemento: Xornalismo.

Departamento: Ciencias da Comunicación.

Perfil: difusión cultural (G5101423).

Titulación: graduado/a ou licenciado/a en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual ou en Publicidade e Relacións Públicas».