Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58431

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (790/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 790/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Gómez Louro, Rosa María Vázquez Grela, Francisco Javier Miramontes Seoane, Felipe Lamas Castro, Manuel Ríos Dafonte contra a empresa Ponpre, S.A., con intervención procesual de Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de novembro de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 790/2015 sendo parte neste, dun lado como demandantes Manuel Ríos Dafonte, representado polo letrado José Daniel Pérez López, Sandra Gómez Louro, Rosa María Vázquez Grela, Francisco Javier Miramontes Seoane e Felipe Lamas Castro, que non comparecen, con intervención procesual de Fogasa, que non comparece, sobre salarios, pronunciou en nome da súa maxestade o rei, a seguinte sentenza.

Decido.

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Manuel Ríos Dafonte, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Ponpre, S.A., a que aboe ao demandante a cantidade de 6.686,11 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Téñense por desistidos na demanda aos restantes demandantes.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicacion ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar resgardo acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ponpre, S.A., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza