Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Mércores, 27 de decembro de 2017 Páx. 58489

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nos barrios da Magdalena, Ferrol Vello, A Graña e Esteiro Vello, referidas a addendas para a modificación de acordos, derivadas do convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia, conforme a prórroga do Plan de vivenda 2013-2016.

Con data do 13 de decembro de 2017 a concelleira delegada titular da Área de Urbanismo, Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación, ditouse resolución en que se aprobaron as bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rexeneración e renovación urbana dos barrios históricos da Magdalena e Ferrol Vello, do barrio da Graña e do barrio de Esteiro Vello de Ferrol, referidas a addendas para a modificación dos acordos da comisión bilateral do 14 de marzo de 2015 e do 27 de outubro de 2015, derivadas do convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia, subscrito o día 31 de xullo de 2017, conforme a prórroga do Plan de vivenda 2013-2016 realizada polo Real decreto 637/2016.

O texto íntegro da convocatoria publícase no BOP e na páxina web do Concello e poderase consultar nas dependencias de Urbanismo do Concello de Ferrol; rúa María, 52-54, 5º andar, das 9.00 ás 14.00 horas. Os anuncios da convocatoria publicaranse no DOG, no taboleiro de anuncios e en dous xornais de maior difusión da provincia (La Voz de Galicia e Diario de Ferrol).

Deberanse presentar as solicitudes, xunto coa documentación preceptiva descrita na convocatoria, mediante o impreso normalizado no Rexistro do Concello ou por calquera medio dos admitidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O dito prazo comezará aos dez días desde a data da última publicación no BOP e anuncio no DOG.

A convocatoria estará aberta ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria pública, acabar o número de intervencións concedidas ou chegar ata as seguintes datas límite:

– Para os solicitantes da addenda do 14 de marzo 2015 a data límite será o 30 de xaneiro 2018.

– Para os solicitantes da addenda do 27 de outubro 2015 a data límite será o 30 de abril 2018.

Ferrol, 18 de decembro de 2017

O alcalde
P.D. (Resolución do 27.6.2017)
María Fernández Lemos
Concelleira delegada titular da Área de Urbanismo,
Mobilidade, Vivenda e Rehabilitación