Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 23 de outubro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial presentada por Leche de Galicia, S.L., para unha planta de envasado de leite situada no concello de Vilalba (expediente 2017-IPPC-M-21).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de octubre), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Refundido de proxecto básico para a solicitude do informe de impacto ambiental e modificación substancial da autorización ambiental integrada dunha planta de envasado de leite situada na estrada de Meira s/n. Sancovade. Ayuntamiento de Villalba. Lugo.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. Os documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Núm. expediente: 2017-IPPC-M-21

Peticionario: Leche de Galicia, S.L.

Domicilio social e localización da instalación: estrada de Meira s/n. Sancovade. 27800, Vilalba. Lugo.

Descrición da modificación:

A modificación prevista permitirá levar a cabo un aumento da capacidade produtiva a 320 millóns de litros anuais e consiste basicamente no seguinte:

– Recepción de leite: substitución dun depósito de leite cru de 50.000 l por un de 120.000 l.

– Tratamento de leite: implantación de terceira liña de pasteurización (pasteurizador, desnatadora, equipos de bombeo e rede de tubaxes).

– Almacenamento de nata: substitución dos dous depósitos de 30.000 l por uns de 50.000 l.

– Envasado de leite: instalación de dúas novas envasadoras.

– Acondicionamento de bricks de leite: instalación de dúas liñas con dúas taponeiras, dúas máquinas de de conformación de packs e dúas máquinas de asas.

– Sistema de paletizado: instalación de maquina de paletizado e modificación instalación actual. Tamén, incorporación dun segundo carro de pallets.

– Esterilizadores: colocación de medidores e autómatas para optimizar limpezas.

– Almacenaxe e expedición: cambio de maquina de enfundado liña 2.

– Servizos auxiliares: instalación dunha segunda torre de refrixeración, novos pozos e almacenamentos de auga para proceso, substitución de tres compresores de aire existentes e substitución de depósitos de ácido nítrico e sosa.