Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 58907

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade ás resolucións desta consellería do 4 de outubro de 2017, de concesión e inadmisión de axudas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 16 de xaneiro).

De conformidade co disposto no artigo 45.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 11 das bases reguladoras da Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento de parte da factura eléctrica a través do tícket eléctrico social de Galicia, procédese por medio desta resolución a dar publicidade ás resolucións da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 4 de outubro de 2017, polas que se conceden e inadmiten axudas solicitadas ao abeiro da citada Orde do 22 de decembro de 2016 (1ª resolución).

Os interesados poderán consultar a información detallada das resolucións no seguinte enderezo https://ticketelectrico.xunta.es/dxem/consulta/ así como no enlace habilitado na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Así mesmo, fáiselles saber aos interesados que contra as citadas resolucións, que son definitivas en vía administrativa, cabe interpoñer, se é o caso:

1. Recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, desde o día seguinte ao da súa publicación ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas