Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Xoves, 28 de decembro de 2017 Páx. 59075

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente SAN-CO-0072/2017-MP e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/ 2015, do 1 de outubro (BOE nº 236, do 2 de outubro) do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado polo xefe territorial

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 4 de decembro de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SAN-CO-0072/2017-MP.

Denunciado: Manuel García Sánchez.

Acto de notificación: incoación.

Expediente: SAN-CO-0076/2017-SBP.

Denunciada: Exporsal, S.L.

Acto de notificación: incoación.

Expediente: SAN-CO-0079/2017-IA.

Denunciado: Manuel García Sánchez.

Acto de notificación: incoación.